Noticias

Día da Paz no Conde de Fenosa

A conmemoración do Día da Paz no CEIP Plurilingüe Conde de Fenosa tivo un xesto moi especial cos nenos e nenas que sofren a situación actual en Gaza.

Este colexio do Barco de Valdeorras realizou durante a mañá varias actividades para celebrar o Día da Paz.

Día da Paz no Conde de Fenosa

O alumnado utilizou o patio do colexio para levar a cabo as propostas coas que visualizar a necesidade de preservar a paz no mundo. Na primeira zona, o alumnado de 6º de primaria realizou unha representación da dura situación que a poboación de Palestina está atravesando na franxa de Gaza.

A proposta realizada na segunda zona consistiu en colorear tixolos que formaron a bandeira palestina. Na terceira zona estaba situado «O Pote da Paz» onde o alumnado depositaba as súas mensaxes para ser cociñados a lume lento.

Día da Paz no Conde de Fenosa
Foto: Conde de Fenosa

Por último, a zona lúdica supuxo un espazo de xogos cooperativos polos que pasaron todos os alumnos do centro. Para rematar a conmemoración, os asistentes soltaron numerosos globos.

Botón volver arriba