Éxito rotundo co Dobre Campionato de España logrado por Ignacio Fernández esta fin de semana en Cartagena (Murcia).
A localidade murciana acolleu o Campionato de España Absoluto e Parabádminton que contou con representación do Club Athlos.
Dobre Campionato de España para Ignacio Fernández
Ana Nóvoa, Antonio Iglesias, Daniel García, Ignacio Fernández e Manuel G. Rosendo competiron neste Campionato acompañados da adestradora Sara Galicia.
En parabádminton, os deportistas de Athlos lograron un excelente resultado con tres medallas de Ouro, unha de prata e unha de bronce.
3 Medallas de Ouro
- Ignacio Fernández en individual WH1-WH2
- Ignacio Fernández en dobre masculino WH1-WH2 (con Francisco Motero do CB Huelva)
- Manuel G. Rosendo en dobres masculino SU5-SL4 (con Pablo Serrano de Asturias)
1 Medalla de Prata
- Manuel G. Rosendo en dobres mixtos SL3-SU5 (con Cristina Sánchez do CB Granada)
1 Medalla de Bronce
- Manuel G. Rosendo en individual masculino SU5-SH6
A pesar de non acadar medalla, tamén destacamos outros resultados obtidos por xogadores de Athlos. Daniel García logrou o 4º posto en dobres masculino SU5-SL4 e en individual SL3-SL4. Pola súa parte, Antonio Iglesias logrou un valioso quinto posto en individual masculino absoluto.