Unha exposición de Escultura, fotografía e pintura é a proposta que atoparemos no Hospital da Trinidade en Monterrei.
A mostra, froito do traballo dos artistas Adrián G. Salgueiro e Xosé G. Rivada, estará exposta dende o 6 de xullo ata o 1 de agosto.
Escultura, fotografía e pintura no Hospital da Trinidade
A exposición que acolle a Sala expositiva mestura a dous artistas que conxugan os seus respectivos estilos nunha mostra de gran calidade.

Adrián G. Salgueiro é un artista de Verín que presenta un traballo fotográfico. A súa particular visión permite captar imaxes de gran calidade cun selo moi definido. No ano 2021 foi seleccionado no XI Encontro de Artistas Novos Galicia Crea 2021. Ademais da fotografía, Salgueiro presenta unha mostra de pintura. Na súa obra podemos atopar a luz e a auga como elementos principais. O uso de cores fundidas permite ás súas obras ofrecer unha gran plasticidade.
Xosé G. Rivada procede da Ribeira Sacra. Este recoñecido artista presenta tamén esculturas e escultopinturas. Na súa elaboración, o autor utiliza o ferro, pedra ou madeira.