Noticias

Exaltación da Constitución no Auditorio de Ourense

Esta mañá tivo lugar un acto de exaltación da Constitución Española no Auditorio de Ourense organizada pola Subdelegación do Goberno.

Coincidindo coa conmemoración do Día da Constitución, o Auditorio acolleu un importante acto para celebrar o 46º aniversario da Carta Magna.

Exaltación da Constitución no Auditorio de Ourense

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, indicou que a Constitución «é como un acordo de mínimos, escrito entre todos os individuos dun pobo, para asegurarnos de que ninguén tome as decisións por nós. A Constitución protéxenos fronte á tiranía».

Exaltación da Constitución no Auditorio de Ourense
Foto: Subdelegación do Goberno

Un dos principios recollidos na Constitución e que Santos quixo destacar foi o da igualdade. «É unha idea rompedora, é o motor do cambio: todos os individuos son iguais, coas mesmas oportunidades e os mesmos dereitos. Unha ambición que cambiaría o mundo. Cambiou a maneira de pensar das persoas, as súas ambicións, os seus proxectos, a maneira de relacionarse. A igualdade é dignidade».

Durante a celebración deste acto entregáronse os premios do 40º Concurso da Constitución Española. De entre todos os traballos presentados, vinte foron premiados neste acto.

Tamén foron recoñecidos pola súa traxectoria varias entidades e persoas. A subdelegación entregou un recoñecemento especial a:

  • AODEMPER, atención das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson e enfermidades raras e dos seus familiares,
  • POR ELES TEA OURENSE, por loitar na procura da plena integración social dos nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista,
  • Francisco Nóvoa Rodríguez, pola súa contribución á formación, cultura e actividade social ourensá.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.