A exposición Nós tamén fomos emigrantes está experimentando en Barbadás unha importante acollida desde a súa inauguración o pasado venres, 16 de setembro.
A Casa da Cultura de Barbadás acolle unha exposición sobre o pasado emigrante dos nosos antepasados. Un percorrido visual pola historia que nos fai recordar que Barbadás e Galicia en xeral son unha terra de emigrantes.
Exposición Nós tamén fomos emigrantes en Barbadás
Os interesados en visitar esta exposición poden facelo de luns a venres no seguinte horario:
- 8:30h a 14:30h
- 16h a 20h

A concellaría de Cultura de Barbadás é a impulsora desta exposición que conta co respaldo de A Fundación. Ata o 21 de outubro, poderá visitarse a galería fotográfica que da forma a esta mostra. A entrada é gratuíta pero dende a organización solicitan unha doazón de alimentos.