Eventos

Padroso celebra a Pequena 2025 cunha fin de semana chea de festa

O lugar de Padroso, no concello de Sarreaus, xa ten todo listo para acoller unha nova edición das tradicionais Festas da Pequena, que se celebrarán os días 8, 9 e 10 de agosto.

O evento combina tradición, música, deporte e animación popular, cun programa cheo de actividades para todas as idades.

Padroso celebra a Pequena 2025 cunha fin de semana chea de festa

A programación arrinca o venres 8 de agosto, ás 20:00 horas, cun campionato de tute, dominó e dardos, ademais do inicio oficial da Pequena’25 no palco. Tamén terá lugar unha divertida busca do tesouro agochado polo pobo. A partir das 23:00 horas, a noite animarase con bingo dos chupitos, karaoke e música para todos os asistentes.

O sábado 9 comezará cunha sesión vermú acompañada polos gaiteiros Do R3v3s e a tradicional procesión e misa solemne. Xa pola tarde, haberá un partido mixto de fútbol entre solteir@s e casad@s, así como un torneo de pádel. As competicións de tute, dominó e dardos continúan pola tarde, e desde as 19:00 horas a charanga Escachapeitos tomará as rúas. A xornada culminará coa actuación en directo de Padroso’s Band, a partir das 00:00 h.

Padroso celebra a Pequena 2025 cunha fin de semana chea de festa

O domingo 10 celebrarase unha nova procesión e misa solemne. A continuación será a final dos torneos de tute, dominó e dardos e a popular batalla da auga. Ás 18:00 h está prevista a tradicional foto anual do pobo, e xa pola tarde o Dúo Estelar encargarse de poñerlle música ao peche da festa, coa entrega de trofeos e o remate oficial da Pequena 2025.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.