Eventos

Festas da Pequena en Padroso de Sarreaus

As Festas da Pequena en Padroso de Sarreaus xa teñen completo o programa de actividades para os catro días de celebración.

A veciñanza é a principal protagonista duns festexos nos que todo o pobo participa activamente para dar forma a un evento de gran valor social.

Festas da Pequena en Padroso de Sarreaus

As festas de calquera localidade supoñen un momento do ano no que se comparten momentos de lecer e diversión. O habitual é contratar diversas agrupacións e gozar das distintas actuacións como espectadores pero en Padroso non son así.

Na localidade de Padroso, os veciños organizan, actúan, participan e gozan da programación feita por eles e para eles. A carreira popular, o bingo do chupito, Galas internacionais dos pequenos e adultos, a actuación da Padroso Band ou a foto anual son algúns dos acontecementos que figuran no cartel de 2024.

Desde o 8 ó 11 de agosto de 2024, Padroso terá unha intensa actividade na que a convivencia veciñal será o principal ingrediente das Festas da Pequena.

Festas da Pequena en Padroso de Sarreaus
Programa das Festas da Pequena en Padroso 2024

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.