Eventos

Festas da Valenzá 2022

Xa coñecemos o programa das Festas da Valenzá 2022 que se celebran no mes de xuño. A falta dos últimos detalles, a organización presenta unha atractiva proposta.

As festas da Valenzá (Barbadás) eran unha das máis multitudinarias que se celebraban na provincia de Ourense. As mellores orquestras acudían a esta localidade limítrofe con Ourense e reunían a milleiros de persoas.

Festas da Valenzá 2022

Tras dous anos de pandemia, as Festas da Valenzá regresan con forza. Desde o día 10 ó 12 de xuño de 2022, a Valenzá celebrará a festa na honra de San Bernabé.

Festas da Valenzá 2022

Venres, 10 de xuño

  • 19h – Xogos populares no parque dos patos
  • 22:30h – Baila MVT Galicia
  • 23:30h – Discomóvil Gramola
  • 00:00h – Orquestra París de Noia

París de Noia na Valenzá

O venres día 10, a orquesta París de Noia actuará na Valenzá a partir das 00:00h. Esta formación é unha das máis lonxevas e importantes da escena musical galega e prometen unha gran verbena. Para acompañar á orquestra Paría de Noia, a Disco Móbil Gramola e o alumnado de baile de MVT Galicia.

Sábado, 11 de xuño

  • 18:30h – Charanga Brétema
  • 19h – Misa na Honra de San Bernabé
  • 19:30h – Festa da Espuma na Solaina
  • 20h – Charanga Brétema e Dúo Santi
  • 20:30h – Pinchos, Bica e Bebidas
  • 23:30h – Discomóvil Gramola
  • 00:00h – Orquestra El Combo Dominicano

Combo Dominicano na Valenzá

O sábado, 11 de xuño, o Combo Dominicano será a actuación estelar. Esta formación é dende fai anos unha das que máis xente move nas súas actuacións. Música chea de ritmo que permitirá gozar ós asistentes. Actuacións musicais previas permitirán ir collendo ritmo para o inicio do Combo Dominicano previsto para as 00:00h.

Domingo, 12 de xuño

  • 11:30h – Manualidades e tarxeta «Zen» con Artelandia
  • 11:30h – Pasarrúas coa charanga Os Centellas
  • 12h – Misa e Procesión
  • 13h – Concerto dunha banda de música
  • 17:30h – Actuación do Mago Deimi (Xunto ó restaurante Estilo)
  • 20:30h – Actuación dunha orquestra.

Peche de festa na Valenzá

O último día de festa na Valenzá será o domingo 12 de xuño. Actuacións musicais durante a tarde e unha orquestra (sen anunciar) ás 20:30h servirán para pechar a programación de 2022

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba