Eventos

Festas de San Miguel 2025 en Eirasvedras

As festas na honra a San Miguel regresan á parroquia de Canedo, en Eirasvedras (Ourense), cun completo programa que se estenderá durante os días 9, 10 e 11 de maio de 2025.

Actuacións musicais, misa solemne e festa infantil centran o programa das festas.

Festas de San Miguel 2025 en Eirasvedras

A organización convida a veciñanza e visitantes a participar nunha celebración tradicional cargada de música, gastronomía e actividades para todos os públicos.

O venres 9 abrirase o programa cunha cea popular dirixida a colaboradores e veciños, seguida dunha gran verbena amenizada pola orquestra Marbella, que promete unha noite «a todo gas».

O sábado 10 a música comezará xa pola mañá coa alborada a cargo do grupo Redegaita. Pola tarde, desde as 17:00 horas, os máis pequenos poderán gozar dunha festa infantil con canóns de escuma e merenda. A xornada rematará cunha nova verbena, nesta ocasión co grupo Magos.

Publicaciones relacionadas

O domingo 11 será a xornada máis solemne. Ás 11:45 celebrarase a misa cantada polo Orfeón Unión Orensana, seguida da tradicional procesión, tamén acompañada por Redegaita. Como colofón, desde as 13:00 ata as 15:00 horas terá lugar unha sesión vermú coa música en directo do grupo Vaivén.

Festas de San Miguel 2025 en Eirasvedras

Botón volver arriba