Do 17 ao 20 de xullo, Xinzo de Limia acollerá as Festas de Santa Mariña 2025 cun programa cheo de actividades para todos os públicos, que mestura tradición relixiosa, concertos, sesións vermú e festas nocturnas.
A celebración, organizada polo Concello de Xinzo en colaboración coa parroquia e outras entidades locais, promete catro días intensos de diversión e participación cidadá.
Festas de Santa Mariña 2025 en Xinzo de Limia: cartel, datas e actividades
O xoves 17 darase o pistoletazo de saída coa actuación da orquestra América S.L. A continuación actuará a disco móbil Apocalipsis on Tour, que animará a primeira noite festiva.
O venres 18, día da patroa Santa Mariña, terá un marcado carácter relixioso e tradicional. As rúas e prazas da vila encheranse de música coa alborada, seguida pola misa e procesión en honra á patroa. Os actos relixiosos estarán acompañados pola Agrupación Musical da Limia e a Banda de Gaitas de Xinzo. A xornada continuará con pasarrúas, actuacións de xigantes e cabezudos, e a xa habitual e esperada gran festa da escuma. Pola noite, a música continuará coas orquestras Nebraska e Panorama, esta última coa súa xira «Epic Tour».
O sábado 19 estará dedicado á mocidade e ás familias, cunha sesión vermú a cargo de Lethx Sound e a segunda edición da Color Party Santa Mariña. Pola noite, subirán ao escenario a orquestra La Misión, o disco móbil La Duendeneta, e celebrarase un campionato de futbolín.
O domingo 20, derradeiro día de festas, contará cunha nova sesión vermú con La Duendeneta, actividades infantís. O gran peche de festa contará co espectáculo Tango Summer Sound 2025, onde actuarán Apocalipsis on Tour, Paulo Seoane, Alex Martínez, Saúl Gallego e Pancho DJ.
