Noticias

Piden ó Ministerio que free a instalación de 32 aeroxeradores na Limia

Desde a plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova piden ó Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico que free a instalación de 32 aeroxeradores no entorno da Limia.

Con máis de 240 metros de altura, afectarían a máis de vinte núcleos de poboación na zona entre Trandeiras e Xinzo de Limia.

Piden ó Ministerio que free a instalación de 32 aeroxeradores na Limia

Desde a plataforma consideran que o MITECO debe frear este proxecto que consideran unha aberración ambiental, patrimonial, paisaxística e demográfica. Por este motivo e en colaboración coa asociación Petón do Lobo presentaron alegacións a este proxecto.

Trandeiras e o Mosteiro de Trandeiras, Meilás, Bresmaus, A Portela da Quinta, Padroso, Pazos, Tarrazo, Codosedo, Vilariño Frío, Paradiña, Couso, Nocelo da Pena, Freande, A Alberguería, O Santo, Carraxo e As Mercedes serían as localidades máis afectadas pola instalación deste macropolígono. O impacto na saúde está recoñecido pola comunidade médica que recoñece entre outros os danos ocasionados polos ruídos e o efecto sombra.

Piden ó Ministerio que free a instalación de 32 aeroxeradores na Limia
Vista da Limia desde o Castelo de Trasmiras.
Foto: Plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova

Concellos como o de Xinzo de Limia aprobaron declaracións institucionais rexeitando este tipo de proxectos. O goberno municipal aprobou o 27 de decembro de 2022 unha declaración na que se comprometía a «solicitar da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado a aplicación inmediata dunha moratoria sobre os proxectos de instalación de centrais eólicas en trámite e outros que puideran solicitar a súa tramitación no futuro e que afectan ao territorio da comarca da Limia mentres o Plan Sectorial Eólico de Galicia non se someta a unha avaliación ambiental estratéxica tal e como esixe a lei, ou se aprobe un novo Plan Sectorial Eólico«.

Botón volver arriba