Eventos

Vilariño celebra Santa Cristina e Santa Mariña por todo o alto

O lugar de Vilariño, no concello de Pereiro de Aguiar, xa ten todo preparado para celebrar as tradicionais festas na honra de Santa Cristina e Santa Mariña durante os días 18, 19 e 20 de xullo de 2025.

Un programa cheo de música, tradición e animación para todas as idades converterán esta parroquia nun punto de encontro festivo da contorna.

Vilariño celebra Santa Cristina e Santa Mariña por todo o alto

A programación comeza o venres 18, cun anuncio das festas ás 13:00 horas, seguido dun pasarrúas a cargo dunha banda de gaitas ás 19:00 horas. A verbena da noite estará amenizada pola orquestra Saudade, acompañada dun DJ, e incluirá un sorteo durante a verbena.

O sábado 19, a xornada arrincará ás 12:00 horas cunha misa solemne e música da charanga Nova de Trives, ademais do tradicional tiro á chave. Ás 13:00 horas haberá unha sesión vermú coa mesma charanga. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, celebrarase un campionato de subastado, e a verbena nocturna contará coa actuación da orquestra Suavecito e disco móbil, cun novo sorteo.

O domingo 20 comezará tamén cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha nova sesión vermú coa charanga Big-Band e máis tiro á chave. Ás 17:00 horas repetirase o campionato de subastado, e ás 19:00 terá lugar o esperado partido de solteiros contra casados. O broche final poñerao a festa e verbena da noite coa orquestra Soprano.

Vilariño celebra Santa Cristina e Santa Mariña por todo o alto

As festas de Vilariño destacan pola súa combinación de actos relixiosos, competicións populares e unha forte presenza musical, que garante o ambiente festivo e a participación veciñal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.