Eventos

O Pereiro crea un festival para dar vida ao teatro no rural

O I Festival de Teatro Afeccionado “Padre Feijoo” do Pereiro de Aguiar nace co obxectivo de visibilizar o teatro no rural e dar espazo ás artes escénicas na provincia de Ourense.

Este evento desenvolverase entre o venres 30 de maio e o domingo 1 de xuño, cunha programación que reúne compañías afeccionadas de distintos concellos ourensáns.

O Pereiro crea un festival para dar vida ao teatro no rural

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle a primeira edición do Festival de Teatro Afeccionado “Padre Feijoo”. Esta iniciativa cultural busca poñer en valor o teatro no rural e fomentar a participación cidadá a través das artes escénicas.

A Asociación Porta da Cadea será a encargada de abrir o festival o venres 30 de maio ás 21:00 h coa obra Tan lonxe, tan preto.

O sábado 31 de maio, a xornada arrincará ás 12:00 h con O testamento do tío Nacho, do grupo Teatro Loureiro. A segunda xornada continuará ás 19:00 h con Tempos mellores, a cargo do grupo A Caniceira-Trives.

O domingo 1 de xuño comezará ás 12:00 h co espectáculo Eiquí hai vida, do Centro Social de Maceda. Esa xornada pecharase ás 19:00 h coa representación de Puntadas rebeldes, a cargo da Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar, anfitrioa do certame.

Festival de Teatro Afeccionado

Este festival, que leva o nome do ilustrado ourensán Padre Feijoo, pretende consolidarse como unha cita anual para promover a creatividade, a expresión artística e o acceso á cultura nos espazos rurais.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.