Eventos

Boborás acolle o ForoTelecos Galicia 2025

Boborás acolle este venres o ForoTelecos Galicia 2025, a gran cita anual do sector TIC organizada por COETTGA e AGGETT, que reunirá na Bodega Pazo Tizón (Boborás, Ourense) a profesionais, institucións e empresas para analizar o papel estratéxico das telecomunicacións militares nun contexto marcado pola seguridade, a conectividade e a innovación.

O encontro volverá posicionarse como un espazo clave para compartir tendencias, fortalecer o ecosistema tecnolóxico galego e recoñecer o talento mediante os Premios Enxeño 2025, que se entregarán durante a gala.

Boborás acolle o ForoTelecos Galicia 2025

Na inauguración deste acto intervirán:

  • José Manuel Martínez Pérez, decano de COETTGA
  • Luis Miguel Chapinal González, decano de COITT
  • Ana Patricia Torres Madureira, alcaldesa de Boborás
  • Miguel Corgos López Prado, conselleiro de Facenda e Administración Pública
  • Luis Menor Pérez, presidente da Deputación de Ourense
Boborás acolle o ForoTelecos Galicia 2025

Tamén estarán representantes da AMTEGA, universidades e entidades tecnolóxicas galegas.

Premios Enxeño 2025: recoñecemento ao talento galego

A gala entregará os tradicionais premios que distinguen innovación, traxectorias e proxectos destacados no ámbito das telecomunicacións:

  • Premio Enxeño Junior: Álvaro Soto Barja
  • Premio á Iniciativa Empresarial: Sparc Foundry (recolle Francisco Javier Díaz Otero)
  • Premio Mérito Institucional: Grupo Arroba
  • Premio ao Enxeñeiro do Ano: SONEN: Óscar Outomuro Cid e Javier Castillo
  • Premio á Excelencia nas Telecomunicacións: José Luís Fernández Carnero

O ForoTelecos reforza o seu papel como punto de encontro da industria, que impulsa innovación, infraestruturas seguras, industria TIC, emprego cualificado e novas oportunidades para Galicia.

“O ForoTelecos é un punto de encontro imprescindible para recoñecer o talento e a innovación que existe en Galicia, e para abrir unha reflexión necesaria: o papel crítico das telecomunicacións nun mundo cada vez máis dependente da seguridade e da conectividade”, destacou José Manuel Martínez Pérez, decano de COETTGA.

Programa (venres, 21 de novembro)

📍 Bodega Pazo Tizón (Boborás, Ourense)
🕖 19.00 h Recepción
🕢 19.30 h Cóctel
🕘 21.00 h Gala ForoTelecos 2025 – Premios Enxeño

Botón volver arriba