Eventos

Gastronomía para todos os sentidos

Un evento de gastronomía para poder gozar con todos os sentidos é a nova proposta que anuncia a plataforma Queremos UPO.

«Petiscos e Bocados» é unha actividade gastronómica e de degustación que esta asociación programou para o xoves, 23 de novembro na Tapería Ceres 1894.

Gastronomía para todos os sentidos

Este establecemento, situado na Praza Saco e Arce de Ourense, contará coas mans expertas dos cociñeiros Mariano González, Conchi Zúñiga e Pepe Oliveira.

Gastronomía para todos os sentidos

Colaboran con esta actividade a Asociación Os Cogordos, a Bodega Régoa, Tapería Ceres 1894, Con Cuatro Manos e O Liceo de Ourense. A participación é con inscrición previa.

Botón volver arriba