Eventos

O grupo Atrezo Teatro actuará en Barbadás

O grupo Atrezo Teatro actuará en Barbadás este sábado, 11 de novembro, como parte da programación dos Circuítos de Teatro que se levan a cabo na Casa da Cultura.

Esta compañía de Vigo representará a obra «QUÉ FAMILIA!!», recomendada para público de todas as idades.

O grupo Atrezo Teatro actuará en Barbadás

Vivimos nunha sociedade de xente “PRESCINDIBLE”, que son todos aqueles que non dan beneficios, e si son vellos? Ai, os vellos….!, lentos , torpes, dan traballo… e sí aínda por riba quen ten que coidarte é a NORA…xa verán xa!!, indica a sinopse da obra.

Para asistir será necesario retirar unha invitación na Casa da Cultura de Barbadás entre o 6 e o 10 de novembro. A obra comezará ás 19:30h na Sala Manuel María de Barbadás.

O grupo Atrezo Teatro actuará en Barbadás

Botón volver arriba