Deportes

I Ciclocrós Concello de Barbadás

O I Ciclocrós Apersa Audi Concello de Barbadás celebrarase este sábado, 19 de novembro, coa participación de 300 deportistas.

«Unha vez máis, Barbadás aglutina o interese polo mundo do deporte. Temos moitos eventos en torno ao mundo do motor, da montaña, do atletismo ou do fútbol», indicou Victoria Morenza, tenente de alcalde de Barbadás durante a presentación do evento.

I Ciclocrós Concello de Barbadás

«Barbadás aposta polo deporte e polo feito de que todos estes eventos que se celebran ao longo de todo o ano reverten na economía local e tamén na oferta de ocio e tempo libre para a veciñanza». Este evento terá lugar no entorno do Pavillón Polideportivo de Barbadás, situado na Valenzá.

Abel Cortés, concelleiro de deportes de Barbadás destacou o papel que xogan os patrocinadores. «Agradecementos, sobre todo, ó principal patrocinador e outros patrocinadores que temos dentro do concello porque sen eles tampouco sería posible un evento destas características».

I Ciclocrós Concello de Barbadás

Este evento deportivo que se celebrará en Barbadás ten carácter nacional. Ademais, é a sexta proba da Copa de Galicia de ciclocrós.


Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.