Eventos

Inauguración da exposición «Castelao grafista»

A inauguración da exposición «Castelao grafista» en Pobra de Trives permitirá gozar desta mostra artística ata o próximo 11 de febreiro.

Afundación, ABANCA e o Concello da Pobra de Trives son os responsables da organización desta exposición que forma parte do programa «Corrente cultural».

Inauguración da exposición «Castelao grafista»

Na inauguración da exposición estiveron presentes:

  • Patricia Domínguez Barja, alcaldesa de Pobra de Trives
  • Cristina Paz Elías, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade, Educación e Cultura
  • Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense
  • Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
Inauguración da exposición "Castelao grafista"

O horario de visita da exposición «Castelao grafista (facsímile)» será:

Luns a venres

  • 10 a 13:30h
  • 16:30 a 18:30h

Sábados e festivos

  • 11 a 14h
  • 16:30 a 18:30h

Botón volver arriba