Isabel Rodríguez García, Ministra de Vivenda e Axenda Urbana, destaca a inversión realizada en vivenda polo goberno central durante os actos realizados en Ourense en Barbadás.
A ministra Isabel Rodríguez estivo en Ourense para apoiar ós candidatos socialistas ás eleccións autonómicas que se celebrarán o 18 de febreiro.
Isabel Rodríguez destaca a inversión realizada en vivenda
Durante a súa intervención en Barbadás, Rodríguez destacou que «2 de cada 3 euros dos investimentos en vivenda realizados en Galicia, son aportados polo Goberno central encabezado polo presidente, Pedro Sánchez». Isabel Rodríguez estivo acompañada polo alcalde, Xosé Carlos Valcárcel e as integrantes da candidatura Carmen Rodríguez Dacosta, Áurea Soto e Marga Pérez.
O acto tivo lugar no Auditorio Manuel María da Valenzá onde decenas de simpatizantes arrouparon á ministra e as candidatas socialistas. «Contruiranse 10.000 vivendas públicas ao longo de toda a lexislatura en Galicia, como xa fixo Emilio Pérez Touriño cando estivo ao fronte da Xunta» expuxo a Ministra en relación a un posible goberno de José Ramón Gómez Besteiro.
Antes de asistir ó acto celebrado en Barbadás, a Ministra visitou o espazo electoral que o PSdeG-PSOE ten na rúa do Paseo.