Iván Pérez afronta este venres, 4 de febreiro, a 3ª fase como recanteiro representando a Ourense Sur no programa Luar da TVG.
Os seguidores do cantante Iván Pérez teñen unha nova oportunidade este venres para seguir apoiando a súa traxectoria no programa Luar.
Iván Pérez afronta a 3ª fase como recanteiro
Este programa da TVG está sendo un perfecto escaparate para este mozo de Ourense que sorprende pola súa potente voz. Nesta nova fase do programa, Iván Pérez interpretará dous temas para volver a conquistar ó público do programa.
De xeito individual, Iván Pérez interpretará «O Rey», tema de Vicente Fernández. Na modalidade de dúo, o cantante de Ourense cantará con Marta Pacín o tema «Por ti volaré» de Andrea Bochelli. Ambos temas permitirán gozar da excelente voz deste representante de Ourense Sur que necesita o apoio do público para avanzar de fase.
Para emitir o voto a favor de Iván Pérez, o programa dispón de varias canles:
- por teléfono no 988 600 681 (5 chamadas de balde)
- na páxina de facebook de Luar (Voto Ivan),
- no perfil de twitter de Luar @LUARTVG (#votoivan)
- por whatsapp no 661 398 440 (voto ivan)