Iván Rouco (PSdeG-PSOE) encabeza unha lista renovada para intentar lograr a alcaldía de Lobios nas próximas eleccións municipais do mes de maio.
Será a primeira vez que Iván Rouco sexa o candidato socialista nas eleccións municipais e faino «co propósito de darlle a Lobios o cambio que tanto precisa». Nas eleccións municipais do 28 de maio, Iván Rouco estará ó fronte dunha lista con moita xente moza.
Iván Rouco encabeza unha lista renovada
«É necesario deixar a un lado o abandono e o desleixo que vive o noso concello e comezar a traballar por un Lobios con futuro e oportunidades» destaca o candidato.
Iván Rouco marcas a prioridades que permitan «que os mozos e mozas de Lobios poidan ter un proxecto de futuro no municipio en lugar de emigrar na procura de oportunidades». Ademais de recuperar o dominio das augas termais do complexo termal de Río Caldo, Iván Rouco establece tamén como unha prioridade a continuidade da AG-31 ata a fronteira con Portugal.