Noticias

Denuncian a «chapuza» dun parque infantil en Lobios

Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE denuncian a «chapuza» dun parque infantil en Lobios que sufriu danos uns días despois da súa inauguración.

Realizada cunha inversión de 53.031,16€ recibida mediante subvención da Xunta de Galicia, este parque infantil está situado na explanada das piscinas.

Denuncian a «chapuza» dun parque infantil en Lobios

«Aos dous días viñéronse abaixo varios postes que sostiñan as lonas, provocando o derrubamento da estrutura, obrigando a pechar o parque» sinalan desde o grupo socialista.

Patrick Rodríguez, voceiro do PSdeG-PSOE en Lobios, indico que «namentres noutros concellos veciños coma Muíños ou Bande se realizan cubertas en parques infantís correctamente, en Lobios optan por lonas de tela mal postas«.

Denuncian a "chapuza" dun parque infantil en Lobios
Foto: PSdeG-PSOE de Lobios

Ante a situación actual, Rodríguez denuncia que «é un auténtico escándalo que unha estrutura recentemente instalada se veña abaixo aos poucos días do remate das obras». O portavoz socialista lembra que «precisamos de obras eficaces, eficientes e que cumpran coas condicións idóneas de seguridade».

Botón volver arriba