Noticias

Lara da Silva encabeza a candidatura Popular en Verín

Lara da Silva encabeza a candidatura do Partido Popular en Verín nas eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio.

No acto de presentación da candidatura, Lara da Silva estivo acompañada polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar.

Lara da Silva encabeza a candidatura Popular en Verín

Baltar destacou que «este equipo é a alternativa que merece Verín para recuperar o tempo perdido e impulsar a gran transformación deste concello». Tamén se pronunciou na mesma liña Gabriel Alén Castro que indicou que esta candidatura é «unha garantía para cuestións fundamentais como a dinamización de Verín, a colaboración en proxectos que impulsarán o emprego e no apoio ao sector primario».

A candidata á alcaldía sinalou que «os membros desta candidatura tiveron a valentía de poñerse a traballar por mellorar Verín. Por facer un Verín aberto nos seus horizontes, aberto ao resto de concellos. Un Verín que volva a ser o centro da comarca e que recupere a importancia que sempre tivo».

Lara da Silva encabeza a candidatura Popular en Verín
Foto: PP de Ourense

Botón volver arriba