Agora Ourense, coalición de seis partidos, mostra o seu programa á cidadanía no inicio da campaña electoral para as eleccións municipais do 28 de maio.
Ourense Mellor, Podemos, Recortes Cero, Alianza Verde, Esquerda Unida e Verdes Equo preséntanse ás eleccións municipais baixo a marca Agora Ourense.
Agora Ourense mostra o seu programa á cidadanía
Esta confluencia elixiu a Toño Naval como candidato á alcaldía no concello de Ourense e aspiran a obter representación para influír nas políticas municipais.
Esta formación está integrada por persoas de diferentes ámbitos profesionais que lles permitiu elaborar un programa electoral baseado nas súas propias experiencias. Os eixes fundamentais do seu programa son os servizos sociais, a educación, a cultura, o medioambiente e o benestar das persoas de Ourense.

Unha carpa instalada na rúa do Paseo permite ós cidadáns coñecer un pouco mellor o programa deste partido. Nos últimos días, algúns dos integrantes da candidatura fóronse presentando ante os cidadáns mediante breves vídeos publicados nas redes sociais.