Noticias

O Concello renovará 36 parques e zonas verdes de Ourense

O Concello de Ourense renovará 36 parques e zonas verdes da cidade e do perímetro rural cun investimento de 3,5 millóns de euros, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase o expediente para contratar as obras.

Este proxecto, que se licitará por procedemento aberto ordinario, está dividido en seis lotes, con importes que van dos 912.103,24 euros do de maior contía aos 342.238,30 euros do menor.

O Concello renovará 36 parques e zonas verdes de Ourense

As actuacións contemplan, segundo as necesidades de cada espazo, a renovación de pavimentos, xardíns e zonas verdes, xogos infantís, bancos, mesas e outro mobiliario, ademais da mellora da iluminación e dos sistemas de rega. Tamén se prevé a adaptación dos parques á normativa vixente e a incorporación de elementos inclusivos.

O Concello renovará 36 parques e zonas verdes de Ourense

O Concello sinala que varios destes espazos teñen máis de dez anos de antigüidade e, nalgúns casos, superan os vinte. Segundo a Concellería de Medio Ambiente, o desgaste e a obsolescencia dalgúns elementos reduciu as súas prestacións e a oferta de ocio.

As obras estenderanse por diferentes barrios e zonas rurais, con actuacións previstas en A Milagrosa, O Peliquín, Marcelo Macías, O Polvorín, Barrocanes, Avenida da Universidade, Santa Teresita, Avenida de Zamora, As Eiroás, Ponte Loña, San Lázaro, A Ponte, Oira, Seixalbo, Santa Cruz, Cudeiro e Quintela, entre outros puntos da cidade.

Botón volver arriba