O Concello do Pereiro homenaxea as Letras Galegas 2025 cunha programación cultural centrada na música e no orgullo pola lingua.
As actividades terán lugar no Auditorio dos Gozos os días 17 e 18 de maio, con entrada libre ata completar aforo.
O Pereiro homenaxea as Letras Galegas con música
O venres 17 de maio, a partir das 19:00 h, o auditorio encherase de voces e emoción coa actuación da Coral Terras de Aguiar, seguida polos nenos e nenas da Academia Musical do Pereiro. O broche final poñerao a música tradicional do grupo local, símbolo vivo da nosa identidade cultural.
O sábado 18, tamén ás 19:00 h, será a quenda do espectáculo “Lingua miña que te quero”, un concerto especial a cargo do escritor X.C. Caneiro e o músico Emilio Rúa. Unha proposta que combina palabra e música para celebrar a beleza e a forza do galego.

Esta programación enmárcase na aposta do Concello do Pereiro por promover a lingua e a cultura galegas, facendo das Letras Galegas unha festa participativa e emotiva para toda a veciñanza.