Familias

Os Libreiros de Ourense celebran as Letras Galegas

Os membros da Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense celebran as Letras Galegas cunha semana de actividades e descontos.

No mes de abril, as librarías celebraron o Día do Libro con múltiples propostas nas que participou activamente a cidadanía.

Os Libreiros de Ourense celebran as Letras Galegas

Coa intención de achegar de novo a súa labor ós cidadáns, os libreiros de Ourense propoñen novas accións co gaio da celebración do Día das Letras Galegas que neste 2024 está dedicado a Luísa Villalta Gómez.

Desde o 13 ó 18 de maio, as librarías asociadas poñen en marcha unha campaña de promoción e fomento de libros en galego. As persoas que merquen libros en galego durante eses días entrarán no sorteo dun aloxamento para dúas persoas na Ribeira Sacra. Este sorteo terá lugar o 23 de maio na sede da Confederación Empresarial de Ourense.

Os Libreiros de Ourense celebran as Letras Galegas

Tamén propón a Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense un desconto do 10% durante o xoves, 16 de maio, ó mercar libros en galego.

Botón volver arriba