Eventos

Allariz festexa as Letras Galegas cunha intensa fin de semana cultural

A vila de Allariz arrinca hoxe unha fin de semana cargada de propostas culturais para celebrar as Letras Galegas.

A programación pon no centro a lingua, a música e o teatro galegos entre o 16 ao 18 de maio.

Allariz festexa as Letras Galegas cunha intensa fin de semana cultural

A cultura será a protagonista nas rúas, xardíns e espazos culturais da localidade para festexar as Letras Galegas 2025.

Esta noite, a partir das 21:30h, a Praza Maior converterase no epicentro da festa cos concertos da Escola Municipal de Música Tradicional de Allariz, Ukestra do Medio e Guezos. Será o comezo dunha celebración colectiva que reivindica a nosa identidade a través da arte e da palabra.

O sábado 17 comezará cun roteiro temático ás 12:00h dende a Oficina de Turismo (con inscrición previa). Esta proposta permitirá coñecer a vila desde unha mirada literaria e cultural. Ás 12:30h, no Mercado da Reserva da Biosfera, Iseo A Moura achegará o contacontos Se as árbores falasen, pensado para o público familiar. Xa pola tarde, ás 20:00h, a Banda Unión Musical de Allariz actuará no Festival Internacional de Xardíns, nun entorno único para escoitar música ao aire libre.

O domingo 18, ás 18:30h, pecharase a programación co teatro familiar Fala Fala Falangueira, da compañía Matrioska Teatro. A función, destinada a nenos e nenas a partir dos 7 anos, terá lugar na Casa da Cultura e supón unha homenaxe á oralidade e ao poder da lingua galega para contar historias.

Allariz convida veciñanza e visitantes a participar nunha fin de semana que, máis alá da festa, reivindica con orgullo a riqueza cultural de Galicia.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.