Noticias

Allariz acollerá a Pasarela Solidaria a favor da AECC

A Pasarela Solidaria de Allariz volverá unir moda, comercio local e solidariedade nun evento benéfico a favor da Asociación Española Contra o Cancro, que se celebrará o venres 15 de maio, ás 19:00 h, no Hotel Eurostars Vila de Allariz.

Na presentación oficial do cartel participaron Germán Rodríguez, Teresa Quintana, Olga Ferreiro, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, Raquel Núñez, así como Anabel Ortiz, Elena Aramburu e María López.

Allariz acollerá a Pasarela Solidaria a favor da AECC

A iniciativa contará coa participación de 44 persoas e entidades vinculadas a sectores como o comercio, a hostalaría, a artesanía, o deseño ou a beleza, ademais da colaboración de modelos e voluntariado.

Allariz acollerá a Pasarela Solidaria a favor da AECC
Foto: Alán Pérez @alanperezph

A entrada realizarase mediante a compra dunha rifa, ata completar aforo, e o público poderá participar en sorteos con produtos doados polos establecementos colaboradores.

O evento incluirá dez desfiles, acompañados ao piano polo alumnado da escola de música de Allariz xunto ás profesoras Uxía Mosquera Ferreiro e María de los Ángeles Llerena Cid, ademais da ambientación musical de Contempo. A xornada retransmitirase en directo por YouTube.

Como novidade desta edición, participará a oncóloga e investigadora Ana Fernández Montes, nunha aposta por seguir concienciando sobre a importancia da investigación e da sanidade pública.

Botón volver arriba