Noticias

A Xunta apoia novos proxectos de autónomos

O Bono Nova Oportunidade da Xunta permitiu apoiar a 19 persoas autónomas na provincia de Ourense con 147.000 euros na pasada convocatoria, segundo destacou o delegado territorial, Manuel Pardo, durante unha visita a Allariz xunto á alcaldesa, Cristina Cid.

Na visita coñeceu o caso de Yolanda Martínez, xerente dun salón de peiteado, que recibiu unha axuda de 8.000 euros para relanzar a súa actividade.

A Xunta apoia novos proxectos de autónomos

Pardo lembrou que a nova convocatoria permanece aberta ata o 30 de setembro ou ata esgotar o crédito de 1,5 millóns de euros, co obxectivo de facilitar que persoas autónomas que cesaron a súa actividade poidan emprender de novo.

A Xunta apoia novos proxectos de autónomos
Foto: Delegación da Xunta

As axudas ascenden a 7.500 euros, ampliables en 500 euros máis para mulleres beneficiarias.

Botón volver arriba