Eventos

OZOCOgz celebra as Letras Galegas con música e literatura no Carballiño

A libraría OZOCOgz súmase á celebración das Letras Galegas 2026 cunha programación especial que combinará música tradicional, promoción da lectura e divulgación arredor da intelixencia artificial.

O establecemento do Carballiño desenvolverá durante os días 16 e 18 de maio varias actividades abertas ao público.

OZOCOgz celebra as Letras Galegas con música e literatura no Carballiño

Como xa é tradición, o sábado 16 de maio a libraría aplicará un 10% de desconto en libros durante toda a xornada. Ademais, desde as 12:30 h, a rúa diante do establecemento converterase nun escenario ao aire libre co concerto pre-Letras Galegas. Nesta acto participarán diferentes formacións da comarca.

Concerto PreLetras Galegas

O cartel estará integrado por Ferriñas de Liño, a Coral A Torre de Maside, o grupo de pandeireta do Colexio de Maside e a Banda de Gaitas do Carballiño. Esta proposta aposta pola música tradicional e pola participación interxeracional. Durante todo o día tamén haberá unha banca exterior de libros con descontos especiais e agasallos para as persoas asistentes.

OZOCOgz celebra as Letras Galegas con música e literatura no Carballiño
Letras Galegas 2026

Poden pensar as máquinas?

A programación continuará o luns 18 de maio ás 11:00 h cunha cita de carácter divulgativo organizada en colaboración co Concello do Carballiño. O auditorio Manuel María acollerá a presentación do libro Poden pensar as máquinas?, do investigador Senén Barro.

OZOCOgz celebra as Letras Galegas con música e literatura no Carballiño

A entrada será libre e a actividade está dirixida a todos os públicos, aínda que especialmente pensada para alumnado, familias e profesorado dos centros educativos do Carballiño e da súa contorna. Barro, exreitor da Universidade de Santiago de Compostela, vén de ser nomeado presidente do comité asesor do Laboratorio de Ideas en intelixencia artificial da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial.

Botón volver arriba