Eventos

Luar na Lubre actuará no Teatro Principal

O grupo coruñés Luar na Lubre actuará este venres, 13 de xaneiro, no Teatro Principal de Ourense nun concerto no que presentarán temas do seu novo traballo.

O concerto que Luar na Lubre ofrecerá en Ourense será o primeiro deste ano 2023. Neste espectáculo, os asistentes poderán gozar dalgúns temas que estarán incluídos no próximo traballo que esta agrupación publicará antes do verán.

Luar na Lubre actuará no Teatro Principal

A traxectoria deste grupo, con máis de 1.500 concertos realizados por todo o mundo, convérteos nunha referencia internacional da música folk.

Luar na Lubre en Ourense

  • Lugar: Teatro Principal de Ourense
  • Día e hora: 13 de xaneiro ás 21h
  • Entradas: web de Ataquilla e taquilla do Teatro
Luar na Lubre actuará no Teatro Principal

Formación de Luar na Lubre

  • Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña),
  • Irma Macías (voz),
  • Nuria Naya (violín),
  • Patxi Bermúdez (bodhran, tambor),
  • Pedro Valero (guitarra acústica),
  • Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos),
  • Xan Cerqueiro (frautas) e
  • Brais Maceiras (acordeón).

Vídeo de Dum Pater Familias

Botón volver arriba