Este sábado, 4 de maio, os máis cativos poderán gozar dunha mañá de xogos na tenda OZOCOgz do Carballiño.
Esta sesión de lecer comezará ás 12 do mediodía e permitirá gozar dos xogos de Brazolinda. A diversión está garantida e os asistentes poderán coñecer e probar unha ampla variedade de xogos.