Eventos

Manoele de Felisa rende homenaxe Ós Poetas

O artista Manoele de Felisa rende homenaxe Ós Poetas nun concerto que realizará este sábado, 25 de febreiro no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

Manoele de Felisa rende homenaxe Ós Poetas

O concerto, titulado «Cantos do noso», servirá para recordar a obra dalgúns dos mellores poetas de Galicia. Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro ou Curros Enríquez forman parte da selección de grandes escritores que terán presenza da man de Manoele de Felisa.

No products found.

A música e a poesía únense neste acto de exaltación da cultura galega onde Manoele de Felisa contará tamén coa participación de Olga Novoa e Marina Sánchez. Ambas artistas, pertencentes ó movemento cultural «Nós, a Xente do Redor», participarán no acto mediante unha achega poética.

Manoele de Felisa rende homenaxe Ós Poetas

O prezo das entradas será de 10€ para o público xeral e de 5€ para os socios do Liceo de Ourense.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba