A concelleira María Fernández Ojea, do grupo socialista, pide solucións políticas trala decisión da Fiscalía de presentar unha denuncia polos audios de Gonzalo Pérez Jácome.
En plena campaña electoral das municipais de 2023 facíanse públicos uns audios gravados sen o seu consentemento, a Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense.
María Fernández pide solucións políticas trala decisión da Fiscalía
Un ano despois, a Fiscalía presentou unha denuncia no Xulgado que provocou a reacción do grupo socialista. María Fernández indicou que «a nosa experiencia dinos que a Xustiza non debe ser a que altere a vontade democrática e a que condicione a un goberno. Por iso, dende o grupo do PSdeG consideramos que Ourense precisa unha solución política. Porque a política se soluciona con política».

Lembra a concelleira socialista que o seu grupo xa presentou unha proposta formal para mudar a situación no concello de Ourense. «Queremos expresar, por suposto, o máximo respecto ás decisións e aos tempos da Xustiza ante estes graves feitos. Pero queremos lembrar, así mesmo, que o único xeito de poñer fin a esta situación é cunha resposta que estea a altura das circunstancias».