Eventos

Mindfulness no Espazo Mulleres de Maceda

Un obradoiro de Mindfulness terá lugar no Espazo Mulleres de Maceda durante o mes de outubro de 2022.

Esta iniciativa proporciona un espazo no que as mulleres participantes poderán mellorar o seu benestar persoal mediante esta técnica.

«Un espazo para baixar o ritmo poñendo o foco no momento presente, aprender a relacionarte mellor contigo mesma, cos teus pensamentos, as túas emocións e coas demais persoas».

Mindfulness no Espazo Mulleres de Maceda

A inscrición nesta actividade pode realizarse a través do CIM Maceda (988 46 35 54).

Botón volver arriba