Morre un ancián de Cualedro ó caer sobre unha lareira durante un momento no que a súa coidadora tamén se atopaba na vivenda.
Foi precisamente durante unha comprobación que fixo a coidadora para ver que o home estaba ben cando o atopou sobre a lareira.
A pesar de chamar con rapidez ós servizos de emerxencias, nada puideron facer por salvarlle a vida ó varón de 81 anos. Servizos sanitarios e os Bombeiros de Verín acudiron ó lugar.