Naturizo, unhas pegadas misteriosas, é o novo proxecto literario de Alba de Evan e Xabier Domínguez que supón a publicación nº10 da colección Naturizo.
Ambientada na serra de San Mamede, esta colección medioambiental, da continuidade ó traballo realizado polos autores para achegar a natureza ós máis cativos.
Naturizo, unhas pegadas misteriosas
Naturizo e a súa compañeira Amelia serán de novo os protagonistas dunha fermosa historia.
No products found.
Os nosos protagonistas atopan unhas pegadas misteriosas mentres pasean pola serra e comezarán unha investigación para atopar a súa orixe. Este traballo conta cun caderno que permite realizar actividades relacionadas co contido do libro.
![Naturizo, unhas pegadas misteriosas](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/08/naturizo-portada.jpg)
As páxinas deste libro son de novo unha ferramenta coa que os seus autores poñen en valor o patrimonio natural e cultural da provincia de Ourense.
![](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/08/naturizo-actividades.jpg)