Eventos

Neura, unha comedia neurótico-festiva no Laura Olmo

Neura, unha comedia neurótico-festiva é a comedia que chegará o próximo venres, 7 de febreiro, ó Teatro municipal Laura Olmo do Barco de Valdeorras.

Esta comedia é a quinta obra da compañía galega De Ste Xeito Producións e trata sobre a saúde mental.

Neura, unha comedia neurótico-festiva no Laura Olmo

Vivir con teimas, agochando unhas e mostrando outras, buscando tratamentos para algunhas… é o tema principal desta obra. Os actores Stephy Llaryora e Sergio Macías protagonizan esta obra do director e dramaturgo Manuel Pombal.

Neura, unha comedia neurótico-festiva no Laura Olmo

A venta de entradas será no Teatro Municipal Laura Olmo desde unha hora antes do espectáculo.

Botón volver arriba