Noticias

Afundación leva a igualdade de xénero aos escolares de Ourense

O espectáculo Iriña bailarina achega ao alumnado de Primaria unha reflexión sobre a igualdade de xénero e a ruptura dos estereotipos sociais a través do teatro.

A proposta representouse este luns e continuará mañá no Auditorio Municipal de Ourense.

Afundación leva a igualdade de xénero aos escolares de Ourense

A actividade está dirixida a estudantes de primeiro e segundo de Primaria e contará coa participación de máis de 1.400 escolares de 32 centros educativos de Ourense e localidades próximas. As funcións están programadas ás 10.00 e ás 12.00 h.

Afundación leva a igualdade de xénero aos escolares de Ourense.
Foto: Afundación.

A obra presenta a unha bailarina que vive nunha caixa de música e desexa saír dela para xogar ao futbolín ou converterse en pirata. A través desta historia, os personaxes abordan os roles de xénero, a igualdade de oportunidades e a superación dos estereotipos.

Esta iniciativa forma parte da programación escolar de Afundación, a Obra Social de ABANCA, que utiliza as artes escénicas como ferramenta educativa para fomentar valores e competencias como a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima e o traballo en equipo.

Botón volver arriba