Noa Presas encabezará a lista do BNG pola provincia de Ourense nas eleccións xerais que se celebrarán o 23 de xullo.
A actual deputada no Parlamento de Galicia e portavoz de Enerxía encabeza unha lista na que atopamos varios nomes de persoas cunha dilatada traxectoria no BNG.
Noa Presas encabezará a lista do BNG nas xerais
Os bos resultados obtidos nas recentes eleccións municipais enchen de optimismo ós membros do BNG. A forte subida en número de votos que tiveron na convocatoria do 28 de maio abre a porta a opción de conseguir representación no Congreso.
Lista do BNG ó Congreso
Como número dous da lista está Eugenio Quintas, concelleiro en Verín e médico no Hospital desa localidade. Tamén atopamos como suplente a Roberto Pascual, director da MIT de Ribadavia.
- Noa Presas
- Eugenio Quintas
- Alba Feixó
- Artai Gavilanes
Suplentes:
- Helena Añel Cabanelas
- Manuel Ferro
- Emilia Somoza
- Roberto Quiroga
- Sara Ruíz
- Marcos Paz
- Iolanda Rodríguez Draycott
- Marcos Blanco
- Uxía Vázquez Rodríguez
- Roberto Pascual Rodríguez
Lista do BNG ó Senado
Na lista do BNG ó Senado atopamos á actual alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, ó anterior alcalde de Manzaneda, Xurxo Rodríguez ou a Xosé Carballido, presidente da Asociación de Veciños de Seixalbo.
- Cristina Cid
Supl.1º Noa Fernández
Supl. 2º Antía Pousa Pérez - Xurxo Rodríguez
Supl. 1º Laura Pérez
Supl. 2º Xavier López Pousa - Xosé Carballido
Supl. 1º Nazaré Estévez
Supl. 2º Antón Prieto