A candidata do BNG por Ourense ao Congreso propón un saneamento completo, un plan de rexeneración ambiental e a transferencia das competencias da conca Miño-Sil.
A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, denuncia tres décadas de atrasos na recuperación do río Barbaña por parte dos gobernos do PP e do PSOE.
Noa Presas reclama a recuperación integral do Barbaña
A nacionalista defende un proxecto que vaia máis alá da depuradora e inclúa o saneamento integral, tamén no tramo urbano, e un plan director de rexeneración ambiental con medidas para eliminar a contaminación e restaurar as marxes.

«Un río non se recupera só cunha depuradora», afirma Presas, que tamén reclama transferir a Galicia as competencias da conca Miño-Sil para que poida decidir sobre a xestión dos seus ríos.

