Noticias

O artista ourensán Roberto Carlos Rodríguez Montero destaca nun concurso internacional

O artista ourensán Roberto Carlos Rodríguez Montero destaca de novo nun concurso internacional ó ser un dos dous españois que seguen adiante no concurso convocado por IFAM Global de Malasia.

O traballo presentado polo noso artista na edición de 2022 do Malaysia International Online Juried Art Competition pasa de rolda. Esto sucede tras unha primeira e drástica criba dos traballos presentados ó concurso.

O artista ourensán Roberto Carlos Rodríguez Montero destaca nun concurso internacional

Participando na categoría «Animals», o traballo de Roberto Carlos Rodríguez Montero foi seleccionado entre os 1157 debuxos presentados desde 53 países. Na seguinte rolda só estarán unha selección de 217 obras entre as que hai dúas representacións de España.

No ano 2021, o artista ourensán recibía un importante recoñecemento internacional ó ser seleccionado para figurar no prestixioso calendario «Joy and Happiness«. En Ourense, Roberto Carlos destaca por colaborar coa súa arte con clubs e asociacións. As súas creacións artísticas están reflectidas na cartelaría de eventos do Club Marusia ou a revista Fervenza da Cultura da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia entre outras.

O artista ourensán Roberto Carlos Rodríguez Montero destaca nun concurso internacional

O seguinte paso de Roberto Carlos Rodríguez Montero neste evento internacional será formar parte da seguinte rolda de selección. O 15 de novembro serán elixidos os mellores 80 traballos de entre a primeira selección de 217.

Unha vez que coñezamos esa selección de 80 obras, un xurado internacional outorgará numerosos premios entre os que destaca o premio TOP, o premio Escoda Brush ou o premio Young Artist.

Botón volver arriba