Eventos

O Barco de Valdeorras celebra a Festa do Botelo

O concello do Barco de Valdeorras celebra a XXI Festa do Botelo o próximo sábado, 21 de xaneiro, no Pavillón Polideportivo.

Durante catro días, un amplo programa de actividades servirá de complemento á Festa do Botelo que porá a venda as entradas a partir do sábado 14. Un total de 1.150 entradas estarán a disposición dos veciños cun custe de 20€.

O Barco de Valdeorras celebra a Festa do Botelo

As actividades previstas comezarán o xoves, 19 de xaneiro, e rematarán o domingo, día 22, coa actuación de María do Ceo. Música, homenaxes, cine, teatro e cine para acompañar esta festa gastronómica.

O Barco de Valdeorras celebra a Festa do Botelo

Xoves, día 19

  • Cine «O corpo aberto» no Teatro Laura Olmo.
    Sesións ás 17, 19 e 21h.

Venres, día 20

  • Teatro «Pirolíticos» da compañía «Mofa e Befa» no Teatro Laura Olmo.
    Ás 21h.

Sábado, día 21

  • Pregón a cargo do actor Federico Pérez Rey «Fede» e Mención de honra para Adela Pombo Fernández (Cociñeira xubilada do CEIP Condesa de Fenosa)
    12h no Teatro Laura Olmo
  • Actuación do Orfeón Valdeorrés ó remate do Pregón
  • Pasarrúas entre o Teatro Laura Olmo e o Pavillón de Calabagueiros coa participación de 7 grupos musicais
  • Xantar da Festa do Botelo ás 14:30h no Pavillón Polideportivo
  • Foliadas e Cantos de taberna a partir das 19h no casco vello e no Malecón.

Domingo, día 22

  • Concerto de María do Ceo ás 20h no Teatro Laura Olmo

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.