O Liceo de Ourense acollerá a presentación do libro OS CONTOS DO AVÓ escrito por Justo Calviño Cruz o martes, 27 de setembro.
Son numerosas as referencias que o libro Os Contos do Avó fai a lugares, personaxes ou criaturas que ó longo de gran parte da provincia de Ourense.
O Liceo de Ourense acollerá a presentación do libro Os Contos do Avó
Posiblemente sexa esa necesidade de coñecer e preservar eses contos e lendas que forman parte da nosa propia traxectoria vital o que está a provocar unha importante acollida do libro. O escritor Justo Calviño Cruz recolleu neste libro parte do patrimonio intanxible da provincia de Ourense para garantir a súa transmisión ás novas xeracións.
Na presentación do libro, Justo Calviño estará acompañado por José Luis Troitiña (xerente do Liceo de Ourense) e Clodio González Pérez (escritor e historiador). Durante o acto, varias persoas lerán anacos do libro para mostrar pinceladas do contido do mesmo. Tamén contará este evento con intervencións musicais a cargo da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia.

Todos aqueles que desexen participar na presentación deste libro editado pola editorial Toxosoutos poderán facelo o 27 de setembro ás 20h no Liceo de Ourense.