Eventos

O teatro será protagonista en Coles

O teatro será protagonista na programación que realiza o concello de Coles para os meses de xaneiro e febreiro de 2023.

Un total de cinco obras de teatro serán representadas nas próximas semanas no Auditorio que o concello de Coles ten na localidade de Cambeo.

O teatro será protagonista en Coles

Grupos de Teatro de Barbadás, Taboadela e Ourense acompañarán ós grupos locais durante estes dous meses nos que o teatro será o centro da vida cultural de Coles.

Programa de eventos en Coles

  • 22 de xaneiro
    Oreteiro teatro con «Arritmia»
  • 29 de xaneiro
    Esteta teatro con «Os marcos da vida»
  • 5 de febreiro
    Teatro P.I.T.A. (Amoeiro) con «Novios por Internet»
  • 12 de febreiro
    Teatro experimental de Barbadás con «Relatos no fin da era humana»
  • 26 de febreiro
    Coles Teatro con «Unha voda insospeitada»

Todas as funcións terán lugar ás 18:30h.

O teatro será protagonista en Coles

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba