Noticias

Óscar Guzmán gaña o Premio Vilar Ponte

O escritor ourensán Óscar Manuel Guzmán Álvarez gaña o Premio de Novela Vilar Ponte pola súa novela «Pero… como morren as pegas?».

Este venres, 1 de decembro, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o acto no que se entregará o V Premio de Novela Vilar Ponte.

Óscar Guzmán gaña o Premio Vilar Ponte

Nesta edición, un ourensán será recoñecido pola súa labor literaria ó ser merecedor do primeiro premio deste certame. Óscar Guzmán presentou a obra «Pero… como morren as pegas?» que o xurado considerou merecedora de tal galardón.

Óscar Guzmán gaña o Premio Vilar Ponte
rrss de Óscar Guzmán

En palabras dos membros do xurado, a obra gañadora posúe «a habelencia para espellar un mundo de intrigas que nos convida á investigación por parte da Policía Nacional dunhas mortes producidas en estrañas circunstancias, que han levar a trama na súa resolución por terras ourensáns e do norte de Portugal»

A escritora María Cristina Rey foi a finalista deste certame coa obra «Letras azuis sobre formigón gris».

Óscar Guzmán gaña o Premio Vilar Ponte

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, agradeceu «a todos e todas as concursantes a súa participación nesta nova edición do concurso, e ao xurado a súa disposición para ler as diferentes obras e tomar unha decisión que non foi doada, dada a gran calidade do material presentado».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.