Noticias

Ourense estará no Festival Intercéltico de Lorient 2024

A provincia de Ourense estará representada no Festival Intercéltico de Lorient este ano 2024 polo Grupo Rebulir que desprazará a 45 artistas.

Despois de 40 anos, un grupo ourensán participará neste prestixioso certame que reúne 15.000 espectadores diarios no Estadio de Montoire.

Ourense estará no Festival Intercéltico de Lorient 2024

O Grupo Rebulir viaxará a Lorient desde Ramirás nunha viaxe que comezará o xoves, 8 de agosto. Non será ata o luns, día 19, cando as 45 persoas que forman a expedición regresen a Ourense.

Músicos, pandeireteiras, bailadores e figuras de varios entroidos da provincia participarán neste Festival Intercéltico. Pantallas, Peliqueiros, Bonitas e Folión acompañarán ó Grupo Rebulir neste evento que seguen uns 100.000 espectadores a través da retransmisión que realiza a Televisión Nacional de Francia.

Ourense estará no Festival Intercéltico de Lorient 2024
Grupo Rebulir

Con 53 edicións, o Festival Intercéltico de Lorient ocupa un lugar destacado no calendario dos grandes festivais que se realizan en todo o mundo. Ademais do Grupo Rebulir, Galicia tamén estará representada entre outros polo músico Carlos Núñez, Caldo e Arume de Malvas.

Botón volver arriba