Eventos

OZOCOgz presenta o libro A lingua en futuro

O espazo OZOCOgz do Carballiño presenta o libro «A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050» no que 17 autores e autoras imaxinan como será a nosa lingua dentro de 10.000 días.

A filóloga Laura Paz Fentanes modera este acto que terá lugar o xoves, 21 de setembro de 2023, a partir das 20h.

OZOCOgz presenta o libro A lingua en futuro

Paz Fentanes estará acompañada de dúas das persoas que colaboraron na creación deste libro. Kai Lois Baltrusch e Tensi Gesteira Estévez aportarán a súa visión sobre a evolución do galego nos próximos anos.

OZOCOgz presenta o libro A lingua en futuro

A obra da editorial Catro Ventos reúne os textos de persoas menores de 30 anos que representan diversos campos como a ciencia, o xornalismo, a docencia, etc.. Vemos a continuación o listado completo dos autores presentes neste libro:

  • Alba Guzmán Falcón,
  • Alba María Rodríguez Díaz,
  • Alberto Mira (Berto),
  • Branca Trigo Cabaleiro,
  • Carla Míguez Bóveda,
  • Daniel Amarelo,
  • Ismael Ramos,
  • Julieta Insagaray,
  • Kai Lois Baltrusch Montero,
  • Manuel Arca Castro,
  • Nee Barros,
  • Sara Seco Rial,
  • Sara Villar Aira,
  • Tamara Andrés,
  • Tensi Gesteira Estévez,
  • Xabier Benavides da Vila e
  • Xanhe Redondo García (o Rabelo).

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.