Eventos

Partido benéfico contra o cancro de mama

O mércores, 19 de outubro, terá lugar un partido benéfico contra o cancro de mama no campo de fútbol do Campus de Ourense.

O equipo do EFF Rosalía enfrontarase a un combinado formado por mulleres do ámbito político, social ou da comunicación. Este partido forma parte da campaña «O rosa é máis que unha cor» coa que se pretende impulsar a investigación contra o cancro.

Partido benéfico contra o cancro de mama

A entrada para asistir como público ó partido terá un custe de 5€. Tamén estará dispoñible unha fila cero para todas aquelas persoas que desexen realizar unha achega solidaria. A recadación deste partido irá destinada á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.

Partido benéfico contra o cancro de mama

Botón volver arriba